CRTVG

Buscar

O Barcelona elimina da Copa o Deportivo Abanca no minuto 120

Publicado o 26/02/2020 22:01
O Barcelona elimina da Copa o Deportivo Abanca no minuto 120

O Barcelona, cun tanto de Kheira Hamraoui na prórroga, clasificouse de forma agónica para as semifinais da Copa da Raíña despois de gañarlle ao Deportivo Abanca (1-0). O líder da liga Iberdrola tivo que esperar ata o minuto 120 para desfacer o empate sen goles ao que chegara o encontro. A 20 segundos exactos para os penaltis, a xogadora francesa apareceu para evitar un enfrontamento desde os once metros ante a heroína do choque, a porteira Esther Sullastres.

A gardameta catalá evitou unha vitoria cómoda do Barcelona, que chocou unha e outra vez coa mellor xogadora do partido. Ao longo dos 120 minutos, evitou múltiples ocasións de gol dos seus rivais, e futbolistas como Aitana Bonmati e a nixeriana Asitat Oshoala chocaron moitas veces contra Sullastres. Ao final, foi Hamraoui, no derradeiro suspiro, quen se encargou de evitar a que podería ser a sorpresa dos cuartos de final.