CRTVG

Buscar

O Barcelona confirma un positivo entre os xogadores que regresaron

Publicado o 12/08/2020 16:20

Hai un positivo no Barcelona. Pero non afecta a Champions. É do grupo dos nove futbolistas que regresaron ao Barcelona para iniciar a pretemporada. Nese grupo están Rafinha ou Aleña. Pero ese xogador non estivo en contacto co colectivo que viaxa a Lisboa para xogar a final a oito. Os xogadores que viaxan deron resultado negativo nas probas PCR. O venres o Barcelona xoga co Bayern de Múnic.

Noticias web

12/08/2020