CRTVG

Buscar

O Barcelona cae con claridade en Granada

Publicado o 22/09/2019 12:42

Messi tiña xa cara de preocupación no banco, antes do partido. E o inicio non fixo máis que reafirmarlla. Porque, aos dous minutos, un balón longo de Rui Silva, deu cun esvarón de Junior e unha recuperación de Soldado. Cun pase para a chegada de Puertas. O seu centro tocouno Pique e remachouno Azeez.
Este foi o incio da desfeita azulgrana. Quedaba todo o partido por diante, pero os culés nunca puieron coa orde, a presión e o entusiasmo do Granada. Nen sequera, tralo descanso, con Messi e Ansu Fati no campo. Certo é que o partido tornou nun toma e daca, pero aguantou ben a defensa do Granada. Foi emocionante iso i, e tivo o o engadido de cousas coma esa de Ter Stegen. A pelota non entrou.
E mesmo houbo compoñente arbitral. Co VAR poñéndolle suspense e detalle a esta falta nazarí a que lle meteu a man Arturo Vidal. Penalti. Minuto 66. Marcouno Vadillo. E deixou 25 minutos finias de acometida estéril culé. De tempo pra pensar nos oito puntos que cedeu o Barça en cinco xornadsas, pero sobre todo nas pobres sensacións que transmite. Ansu Fati e Messi protagonizaron os últimos coletazos dun peixe ao que lle falta aire, fútbol e dá síntomas de asfixia.

Noticias web

22/09/2019