CRTVG

Buscar

O Barcelona buscará a tranquilidade ante o Celta

Publicado o 09/11/2019 14:05

A vida na corda frouxa faise dura para o Barcelona que necesita recuperar canto antes a tranquilidade da que disfrutou en temporadas pasadas. A marxe estréitase na mellor liga do mundo, a máis axustada dos últimos anos.

"O normal é que as ligas sexan apertadas e non que se lles saquemos tbantos puntos ao segundo e ao terceiro como fixemos nós nos últimos anos", di Ernesto Valverde. 

Pero a normalidade págase cara no Camp Nou.

"Fai unha semana esta rolda de prensa era unha autoestrada", lembra o técnico. 

Sete días despois, os resultados xa non acompañan. Os de Valverde suman tres derrotas este ano. As mesmas de toda a temporada pasada. O equipo, con caídas inapelables a domicilio como ante o Levante, tamén se atasca na casa. Sucedeu na liga de campións. Segue faltando conexión na dianteira. O técnico cre que a adaptación de Griezmann é cuestión de tempo.

"Nós temos que acostumbrarnos ao que fai Griezmann e el ao que facemos nós. A Neymar tamén lle costou, pero unha vez que atopas ese grao de conexión todo vbai rodado", puntualiza o adestrador culé.

Non lle custa tanto a Ansu Fati. O canteirán volve entrar na convocatoria, ao igual que Dembélé e o recuperado Luis Suárez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019