CRTVG

Buscar

O Barcelona, á final da Copa ao derrotar o Sevilla na prórroga (3-0)

Publicado o 03/03/2021 23:33
O Barcelona, á final da Copa ao derrotar o Sevilla na prórroga (3-0)

O Barcelona remontou a eliminatoria ante o Sevilla na prórroga e clasificouse para a final da Copa do rei tras vencer por 3-0, con goles de Ousmane Dembélé no minuto 12, Gerard Piqué no 94 e xa na prórroga, no 95, de Martin Braithwaite.

O conxunto hispalense puido sentenciar a eliminatoria no minuto 73 cando o resultado aínda era de 1-0, pero Marc-André Ter Stegen atallou o penalti lanzado por Lucas Ocampos. Fernando foi expulsado por dobre tarxeta amarela no 90+2.