O Barça elimina o Joventut nos cuartos da ACB
Publicado o 05/06/2021 21:24
Mentres, segue a disputa das series polo título, e xa temos outro semifinalista. O Barcelona desfíxose do Joventut no partido definitivo no Palau. O 94-73 final non reflicte o acontecido sobre todo na primeira parte, cando os de Badalona aguantaron os envites locais ata ben preto do descanso, cando un parcial de sete a cero deixou o marcador en 45-38. O Barcelona axustou a maquinaria no vestiario, e o terceiro cuarto foi un auténtico paseo que os blaugrana remataron trinta puntos arriba, 82 a 52. O último cuarto só serviu para confirmar que os de Jasikevicius se han anfrontar co Tenerife nas semifinais.