CRTVG

Buscar

A Revista

O Banco Sabadell e Caixabank estudan trasladar as súas sedes fóra de Cataluña

Publicado o 05/10/2017 13:08
O proceso soberanista e a incerteza fan que as dúas entidades bancarias máis importantes de Cataluña decidan se trasladan ou non as súas sedes fóra.

É o caso do Sabadell e de Caixabank.
O Sabadell reúne esta tarde o seu consello de administración, que deberá decidir se traslada a súa sede social a Madrid ou Alacante. Tamén manexa a opción de Asturias.
Esta entidade volveu na bolsa a números en verde, despois da baixada de onte.
A outra entidade, Caixabank, estuda a posibilidade de trasladarse ás Baleares.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

05/10/2017