CRTVG

Buscar

O banco de Loiba, situado nun dos lugares máis espectaculares da costa galega, celebra dez anos

Publicado o 14/08/2019 16:55

O banco de Loiba, situado nun dos lugares máis espectaculares da costa galega, está de aniversario. Colocouno en 2009 un veciño desta parroquia de Ortigueira. A súa popularidade traspasou fronteiras e, dez anos despois, segue recibindo turistas de todo o mundo. 

Hai xa 10 anos que a Rafael Prieto se lle ocorreu poñer un banco nos cantís de Loiba. Fíxoo para que os seus gozaran das vistas, pero acabou sendo un lugar de visita para turistas de todo o mundo.

 A sona do banco multiplicouse a partir de 2015 cando o proxecto internacional TWAN, O mundo de noite, escolleu unha foto nocturna tomada desde aquí como unha das máis fermosas do ano.

A medida que chegaban os turistas, Rafael Prieto foi colocando outros seis bancos ao longo da costa, todos eles proximos a paraxes virxes coma esta de Loiba.

Esta pintada duns turistas escoceses nomeou o cantil de Loiba como o máis fermoso do mundo. Á esquerda, o cabo Ortegal. Á dereita, Estaca de Bares. E no centro, o banco de Rafael.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019