CRTVG

Buscar

O Banco de Leite Materno do CHUS cumpre tres anos desde a súa creación

Publicado o 08/06/2019 18:47

O Banco de Leite Materno do Clínico de Santiago fai tres anos. Foi o primerio de todo o estado en acadar o certificado AENOR de calidade e, dende hai uns meses, o seu persoal ofrece talleres diarios de lactación no propio hospital.

Máis dun milleiro de litros pasteurizados e 210 mulleres doadoras. O banco de leite materno do hospìtal compostelán celebra o seu terceiro aniversario cun balance positivo. Tamén coa satisfacción de ser o primeiro de toda España en acadar o certificado AENOR de calidade.

O 90 por cento de lactantes que recibiron o leite do banco naceron de xeito prematuro. Pero os seus beneficios van moito máis aló.

Dende hai uns meses, o persoal do banco imparte talleres de lactación nesta sala habilitada pola fundación Andrea. Ofrecen técnicas, consellos e información sobre un alimento que a Organización Mundial da Saúde recomenda ata os seis meses de vida.

Esta unidade, que abastece tamén a zona da Coruña e Ferrol, prepárase para subministrar leite materno na área de Lugo. Deste xeito, toda Galicia quedaría cuberta xa que o banco de Vigo encárgase de fornecer as provincias do sur.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/06/2019