CRTVG

Buscar

O banco de leite materno de Santiago envía leite de doadoras ao HULA para os bebés que o precisen

Publicado o 13/02/2020 15:03

Mulleres altruístas axudan a que os bebés que o precisen poidan alimentarse con leite materno, aínda que a súa nai non llelo poida proporcionar. No Banco de leite do Hospital Clínico de Santiago, encárganse de recibir o leite das nais doadoras.

Desde agora, transportan este leite ao hospital Lucus Augusti, de Lugo. Xa o levan desde hai tempo aos da Coruña e Ferrol. Os receptores son os grandes prematuros, nados antes da semana 32 de embarazo, de menos de quilo e medio de peso ou con algunhas patoloxías, como as dixestivas.

Por todos os beneficios que achega, cren que debería facilitarse a lactación materna con permisos máis longos.

Desde maio de 2016, 260 mulleres doaron un total de 1.400 litros de leite para máis de 340 bebés. No banco de leite agradecen este xesto de xenerosidade para axudar os bebés máis vulnerables.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020