CRTVG

Buscar

O Banco de España pide unha reforma urxente do sistema de pensións

Publicado o 28/05/2019 15:34

Segundo o Banco de España, se se manteñen as proxeccións actuais, nas próximas décadas o gasto en pensións superará o que se recada coas cotizacións dos traballadores. Por iso, pídelle ao Goberno que leve a cabo unha reforma urxente do sistema, antes, di o organismo, de que o votante medio envelleza aínda máis e aumente a súa presión política.

Di que os cambios teñen que acometerse aínda que non haxa unanimidade na comisión do Pacto de Toledo, que chega cun consenso amplo. E lanza propostas: que a contía das pensións se axuste á esperanza de vida ou á evolución da economía. Tamén cre necesario que se atrase a idade de xubilación.

No seu informe anual, tamén reclama medidas para favorecer o alugueiro de vivendas, pero amósase contrario a limitar o seu prezo por lei.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2019