CRTVG

Buscar

O Banco de España pide axustes e suba de impostos ante os "danos persistentes" da covid-19 na economía

Publicado o 30/06/2020 14:46

O Banco de España reclámalle ao Goberno de Sánchez unha política económica ambiciosa para afrontar a "grave situación" tras a covid-19. No seu informe anual estima que a actividade económica non se recuperará ata finais de 2022.

O supervisor cre que será necesario realizar axustes e subir impostos para reducir a débeda pública. Advirte sobre a incerteza dos ERTE e suxire que se poidan compaxinar con outro traballo.

O Banco de España valora positivamente o ingreso mínimo vital, pero pide que se controle para evitar "efectos indesexados". Tamén chama a vixiar o aumento da morosidade.

Noticias web

30/06/2020