CRTVG

Buscar

O Banco de España critica o gasto dos venres sociais do Goberno

Publicado o 20/03/2019 20:37

O Banco de España prevé que a economía siga medrando por riba da media europea, pero advirte que as contas públicas deben estar preparadas para un empeoramento. Non oculta a súa preocupación pola evolución do déficit público e dálle un toque de atención ao Goberno que poida saír das eleccións xerais e ao actual executivo. O organismo supervisor critica o gasto extra dos decretos que está aprobando o Consello de Ministros nos chamados venres sociais.

Non son grandes cantidades de cartos por separado, explica un responsable do Banco de España, pero en conxunto contribúen a empeorar as contas. Din que aínda é cedo para valorar o impacto da suba do salario mínimo, pero no organismo supervisor aseguran que os datos recollidos ata agora non refutan a súa idea de que afectará o emprego dos colectivos máis vulnerables.

Noticias web

20/03/2019