CRTVG

Buscar

O Banco de España cre que o PIB caerá neste 2020 polo menos un 9,5%

Publicado o 18/05/2020 20:53

En abril, o Banco de España auguraba unha caída do 6,6% na economía española. Nun mes o seu pesimismo aumentou 3 puntos: agora cre que se afundirá entre un 9,5 e un 12,4%. Ante estas cifras, Hernández de Cos dixo no Congreso que fai falla unha terapia de choque a curto prazo que minimizar danos. Iso si, cre que despois haberá que falar de axustes. 

Pablo Hérnández de Cos, gobernador do Banco de España, cre que "a contrapartida necesaria deste activismo debe ser o anuncio temperán dunha estratexia de redución dos desequilibrios fiscais para a súa aplicación gradual posterior"

De Cos propón recortar o gasto ineficiente, ve marxe para subir o IVE ou os impostos medioambientais e cre razoable unha taxa ás multinacionais. Di que o esforzo é tal que non se pode pensar en afrontalo só con novos impostos. E apela ao consenso.

Para Pablo Hérnández de Cos, gobernador do Banco de España, "dada a magnitude do reto ao que nos enfrontamos, desenvolver plenamente esta estratexia de consolidación fiscal e reformas estruturais requirirá un acordo político acorde que se manteña, previsiblemente, durante varias lexislaturas"

Para de Cos, só un plan plurianual con medidas ambiciosas permitirá gañar credibilidade ante os mercados.

 

Noticias web

18/05/2020