O Banco de España calcula que se perderon 180.000 empregos pola suba do salario mínimo
Publicado o 08/06/2021 16:03

O Banco de España ponlle cifras á perda de emprego no país debido á suba do salario mínimo interprofesional. Calculan que ata 180.000 postos de traballo quedaron sen ocupar desde a entrada en vigor desta medida, en 2019. O Banco de España tamén conclúe que aumentaron as contratacións a tempo parcial, o que prexudicou a maiores de 45 anos e mozos.