CRTVG

Buscar

O Banco de España avanza unha rebaixa significativa da previsión de crecemento

Publicado o 25/10/2021 12:55

O Banco de España fará unha rebaixa significativa da previsión de crecemento para este ano. Adiantouno Hernández de Cos nunha comparecencia no Congreso para analizar o proxecto de Presupostos para 2022. Cre que as contas son demasiado optimistas en canto á previsión de ingresos e de crecemento. E advirte: a recuperación aínda é incompleta e desigual e hai riscos que ameazan o crecemento como a suba dos prezos e os problemas de subministración.

Noticias web

25/10/2021