CRTVG

Buscar

O Banco de España alerta da incerteza política e confirma a desaceleración económica

Publicado o 31/08/2019 20:31

Sobre a influencia que a inestabilidade política pode ter na economía falou hoxe o Gobernador do Banco de España. Pablo Hernández de Cos alerta das incertezas do taboleiro político e, ao mesmo tempo, apunta que a desaceleración xa lle afecta ao noso país. Receita, amais, unha reactivación do investimento público para alonxar a recesión. Fronte á intención do Goberno de subir as previsións de crecemento do PIB, o gobernador do Banco de España avisa do impacto da guerra comecial e das consecuencias que o 'brexit' vai ter en todos os países que forman parte da Unión Europea.

Noticias web

31/08/2019