CRTVG

Buscar

O Banco de España advirte de que ligar as pensións ao IPC pon en risco o peto da Seguridade Social

Publicado o 02/10/2019 20:33

En 2007, o gasto en pensións equivalía en España ao 7,4% do PIB. Hoxe, anda preto do 11. O Banco de España calcula que, se non se fai nada, a cifra medrará outros 2 puntos en 2030 e 3 en 2050. O sistema é deficitario porque vivimos máis anos e o será aínda máis cando se retire a xeración do baby-boom.

O director de Estatística do Banco de España, Óscar Arce, cre que as reformas de 2011 e 2013 foron un avance substancial, pero lamenta a marcha atrás de 2018, cando se volveu ligar a suba das pensións ao IPC. Das propostas que hai na mesa, non o convence a suba de cotizacións polo efecto negativo, di, que tería sobre o emprego. Advirte fr que financialas vía impostos afectaría os petos de toda a poboación, incluídos os propios pensionistas. E calcula que aumentar o emprego, mesmo a taxas elevadas, só cubriría arredor do 50% do déficit. Por iso, pide reformas de calado e suxire unha: ligar a idade de xubilación á esperanza de vida, como se fai en Dinamarca, Finlandia ou Portugal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019