CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

O Banco de Alimentos Rías Altas busca máis de 2.000 voluntarios para a gran recollida

Publicado o 13/10/2016 14:21
Búscanse máis de dous mil voluntarios dispostos a colaborar cunha boa causa. É o chamamento que fai o banco de alimentos Rías Altas da Coruña. Quere xente disposta a colaborar coa 'gran recollida' que xa está preparada para a última fin de semana de novembro, e coa que esperan conseguir 500.000 quilos de comida, en toda a provincia.

Estes días hai traballo abondo no banco de alimentos Rías Altas da Coruña, porque hai que facer sitio para todo o que esperan obter coa cuarta edición da 'gran recollida' que será os días 25 e 26 de novembro. Xa teñen máis de 150 establecementos comerciais da Coruña, Ferrol e Santiago que están dispostos a colaborar. E agora o que fai falta é que se apunten voluntarios, dous mil catrocentos mínimo, dispostos a botar unha man eses días

Tamén podemos colaborar coa nosa achega. Lembran que os alimentos máis necesarios son leite, conservas, aceite e cacao. Esperan que a solidariedade da xente lles permita bater unha nova marca e superar os 400.000 quilos de alimentos que se recolleron o ano pasado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí