CRTVG

Buscar

O Banco de Alimentos comeza a súa Gran Recollida Solidaria en centos de supermercados

Publicado o 22/11/2019 12:40

Os que aproveitan a fin de semana para facer a compra atoparán na maioría dos supermercados galegos esta imaxe. Só na provincia de Pontevedra hai 2.000 voluntarios que fan posible a gran recollida de alimentos desta fin de semana. O obxectivo é conseguir ou superar os 330.000 quilos acadados na campaña do ano pasado.

Alimentos básicos como cacao, leite, galletas, aceite, legumes preparados ou conservas son os alimentos que nos aconsellan entregar para paliar ás veces tamén a pobreza enerxética.

Para que a recollida sexa posible é necesario o labor dos voluntarios que axudan a recoller os alimentos. Son persoas entusiastas ás que lles gusta colaborar.

Agora só resta que todos os que pasen esta fin de semana polos centros comerciais contribúan nesta causa solidaria que cada ano conta con máis voluntarios e benefactores.