CRTVG

Buscar

O Banco Central da Arxentina anuncia novas restriccións á compra de divisas

Publicado o 28/10/2019 21:03

Despois da cita electoral, o presidente electo, Alberto Fernández, e o saínte, Mauricio Macri, reuníronse na Casa Rosada que vén ás miñas costas. Unha reunión que tivo lugar poucas horas despois de que o Banco Central arxentino anunciase novas restriccións para a compra de dólares.

Primeiras consecuencias en Arxentina tralo triunfo de Alberto Fernández. O Banco Central arxentino fixou un novo límite mensual para a compra de dólares: 200 no caso das transaccións bancarias e 100 en efectivo. Un cepo cambiario que terá vixencia durante o proceso de transición política.

"Creemos que las medidas que tomamos, este endurecimiento de los controles cuida las reservas y le va a permitir al próximo Gobierno contar con más grado de libertad para diseñar su política económica".

Polo pronto, o prezo do dólar mantívose estable trala apertura dos mercados, despois de que non parase de subir a semana pasada.

Mentres tanto, o presidente electo e o saínte, Mauricio Macri, reuníronse na Casa Rosada para comezar a falar dunha transición ordenada do poder.
 

Noticias web

28/10/2019