O bambú galego alimenta osos panda de zoos europeos
O bambú preséntase cada vez máis como unha oportunidade de negocio en Galicia. Hai xa trinta anos que o viu claro un dos maiores expertos do mundo nesta planta, o belga Jan Oprins, propietario de plantacións en Suráfrica e Indonesia que percorreu a nosa comunidade ata atopar en Vilarmaior o lugar perfecto para o seu cultivo. Con oito hectáreas, é hoxe o maior viveiro de bambú de Galicia.
A beleza do bambú convérteo nunha planta moi buscada para os xardíns e tamén é apreciada nas hortas pola súa versatilidade, porque o mesmo serve para entitorar os cultivos como para facer mangos para a ferramenta. O malo é a súa capacidade para estenderse polo terreo, que fai que sexa visto como unha verdadeira praga. Aínda que non todas as especies son invasivas.
O que máis se vende en Galicia é o non invasivo, para peches de xardíns.
No mundo hai máis de 1.400 especies diferentes desta planta. Existe toda unha economía do bambú que ata o de agora se limitaba no mundo á zona dos trópicos, pero que en Galicia ten futuro.