CRTVG

Buscar

O balonmán tínguese de loito co falecemento de Juan de Dios Román

Publicado o 29/11/2020 09:41

Un histórico do balonmán español, Juan de Dios Román, faleceu no serán deste sábado vítima dun derrame cerebral.

Juan de Dios foi un pioneiro dentro do balonmán. Licenciado en Maxisterio, Educación Física e Filosofía e Letras, dirixiu o Atlético de Madrid da súa época máis brillante, o Cidade Real e foi seleccionador español en tres etapas (Xogos do 84, 86-88 e 95-00). 

Tamén dirixiu a Escola de Adestradores, exerceu como Director Técnico da Federación Española, unha Federación que presidiu durante cinco anos (2008-13). 

Noticias web

29/11/2020