O Balonmán Cangas sofre a apisoadora do Palau
Publicado o 07/11/2019 12:17
O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo saíu derrotado na súa visita ao intratable líder, o Barcelona (39-18). O partido foi un monólogo do equipo catalán: xa vencía ao descanso por 18- 5. O porteiro Gerard Forns, con 12 paradas, foi o mellor xogador do Frigoríficos do Morrazo e evitou que a goleada fose aínda maior.
O equipo galego enfrontarase agora a seis rivais directos cos que será importante acadar resultados positivos.