O Balonmán Cangas, primeiro equipo galego que se acolle a un ERTE
Publicado o 18/03/2020 21:27
O Balonmán Cangas xa anunciou que se acollerá ao ERTE que permite o Goberno para atallar a crise sanitaria do coronavirus. O Cangas sería o primeiro club galego en acollerse a este expediente de regulación de emprego temporal para xogadores e técnicos. Estes cobrarían o paro mentres non houbese competicicón, e o club aforraría as cotas da seguridade social, uns 4.000 euros ao mes.
O Frigoríficos do Morrazo xa anunciou que, por unha cuestión de saúde pública, o mellor sería deter a competición, o mesmo que decidiu o voleibol. O club que preside Manuel Camiña oponse a ter que xogar partidos no mes de xuño. Na Asobal restan por disputarse 11 xornadas.