CRTVG

Buscar

O Balonmán Cangas implícase na loita contra o cancro de mama

Publicado o 18/10/2019 21:50

Bombos en Cangas ao carón de camisolas rosas. Si. As rosas da loita contra o cancro que dende hai dous anos están nas bancadas e tamén na pista. O Frigoríficos do Morrazo viste dende o 2107 con esa cor cada dúas xornadas e por cada camisola que vende doa 15 euros á asociación da vila Adicam (Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama).

Son familias que senten o apoio da comunidade. "En Cangas non se rende ninguén", di unha socia de Adicam, un lema nun club con compromiso social. Un exemplo do deporte como axente socializador nunha vila.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019