O Balonmán Cangas implícase na loita contra o cancro de mama
Publicado o 18/10/2019 15:21
Bombos en Cangas a carón de camisolas rosas. Si. As rosas da loita contra o cancro que dende hai dous anos están nas bancadas e tamén na pista. O Frigoríficos do Morrazo viste con esa cor cada dúas xornadas e por cada camisola que vende doa 15 euros a unha asociación da vila.
Familias que senten o apoio da comunidade. Un aliciente e unha forma de sacar sorrisos.
Un lema nun club con compromiso social. O deporte e a vida, con leis de comúns.