O Balonmán Cangas afronta a primeira final pola permanencia
Publicado o 18/05/2021 20:33
No balonmán, o Frigoríficos do Morrazo ten mañá a primeira final pola permanencia. Está na zona de descenso e nunha situación complicada. O Cangas non depende de si mesmo. Para salvarse, precisa gañar os dous encontros desta semana, mañá contra o Anaitasuna e o sábado ante o Guadalaxara, e agardar tamén algún tropezo dos seus rivais. Xa hai tres postos de descenso confirmados e só queda por saber na Asobal quen será o cuarto que baixa.