CRTVG

Buscar

O balonmán acorda finalizar a temporada: Cangas e Porriño conservan a categoría na Asobal e a Liga das Guerreiras

Publicado o 24/04/2020 21:31

A Federación española de balonmán acorda dar por finalizada a temporada sen que haxa descensos.
Se non hai descensos, o Cangas conserva a categoría na liga Asobal e Porriño mantén a categoría na Liga das Guerreiras. Non hai descensos pero sí haberá ascensos. E iso permitirá ao Cisne pelexar por estar na Asobal. O Teucro Pontevedra tamén mantén a categoría. Esa é decisión da federación. Fin da temporada, sen descensos e con ascensos. Decisión que debe ratificar a comisión delegada.

Noticias web

24/04/2020