CRTVG

Buscar

O baixón físico da Rosaleda preocupa no Lugo, cun calendario cargado de partidos

Publicado o 29/11/2020 13:23

No Lugo seguen buscando explicacións ao sucedido o venres na Rosaleda. Ninguén entende como o equipo puido desperdiciar dous goles de vantaxe xogando en superioridade.

Para Frederico Venâncio, o autor do cero a dous, a chave estivo nun problema físico: "Creo que o equipo estaba un pouco canso, nós non conseguiamos ter o balón e notábase cando despexabamos para diante. Ao estarmos cansos, permitimos situacións dun contra un polas bandas, e dous erros dentro da área provocaron os dous goles".

Malia a superioridade numérica, o portugués tivo que multiplicarse en defensa para conter os ataques do Málaga. Os peros analízanse esta tarde cando o Lugo volva aos adestramentos para preparar o encontro do mércores ante As Palmas.

Noticias web

29/11/2020