CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

O baixo nivel do encoro das Cunchas permite traballar nun campamento romano

Publicado o 07/11/2017 14:26

Co encoro das Cunchas baixo mínimos, os arqueólogos aproveitan para traballar nas ruínas do campamento romano de Porto Quintela, no concello ourensán de Bande. Habitualmente, o xacemento está somerxido no encoro, pero estes días pódese visitar.

Os meses de outubro e novembro, cando o encoro está máis baixo, é cando os arqueólogos regresan a Aquis Querquennis, este ano para facer labores de consolidación nos barracóns dos soldados, nas letrinas e en parte da muralla deste campamento militar que habitaron os romanos no século I despois de Cristo.

O campamento ten dúas hectáreas e media e levan escavado a metade. Xa se poden ver os cabaceiros onde gardaban o gran, o hospital militar ou o cuartel xeral.

Aquí chegaron a vivir unhas 600 persoas, todos homes menos a muller do xefe do destacamento.

Estarán traballando aquí ata finais de novembro, para regresar o vindeiro ano, cando a auga do encoro o permita.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí