O Baixo Miño aposta polo cultivo do aguacate
Publicado o 11/06/2021 20:58
Na horta de Galicia medran as primeiras colleitas de aguacate galego. A desta finca do Rosal, a primeira que acolleu este cultivo en Galicia, recollerase o vindeiro mes de marzo.
Hai seis anos puxeron en terra as primeiras plantas, chegadas desde Málaga, unha zona produtora consolidada, e, cos seus froitos, abastecen a pequenos comercializadores locais. Estes gromos prometen unha boa campaña.
Esta empresa, que traballa segundo os principios da agricultura ecolóxica, tamén está especializada en mazás para a elaboración de sidra e mesmo teñen un zume propio.