CRTVG

Buscar

O Badalona do galego Manolo González elimina o Euro-Xetafe

Publicado o 12/01/2020 14:55

Deste xeito celebraba o galego Manolo González a gran sorpresa copeira do momento. O seu equipo, o Badalona, decimosexto no grupo terceiro da Segunda B, acababa de eliminar ao Euroxetafe grazas a dous goles nos últimos cinco minutos.

O primeiro de Chema Moreno tras un gran pase de Valentín.

E o segundo nun magnífico lanzamento de falta de Hugo no tempo engadido que confirmaba o pase para a terceira rolda.

E ata os penaltis tivo que chegar o Valladolid para superar ao Marbella, terceiro no grupo cuarto da Segunda B. Ahí, Lunin resultou decisivo detendo os penaltis de Elias e Dani Pérez, mentres que Alvaro Aguado sentenciaba a eliminatoria.

Tamén sufriu o Vilarreal que viu como o Orihuela, pechacancelas do grupo terceiro de Segunda B, levou o partido á prórroga. Alí un gol de Gerard Moreno a tres minutos do final, clasificou aos castellonense.

Tampouco o pasou ben o Granada ante o Tamaraceite, quinto clasificado da Terceira canaria, ao que só foi capaz de derrotar por un a cero, gracias a este gol de Puertas no minuto dezanove,

Máis tranquilo foi o partido do Athletic ante o Sestao no histórico campo das Llanas, ao que acudiron case cinco mil espectadores. Os de Garitano vencero por cero a catro con dous tantos de Villalibre e outros dous de Yuri. Fútbol en estado puro.

Noticias web

12/01/2020