CRTVG

Buscar

O BOE concreta as normas da saída dos nenos a partir do domingo

Publicado o 25/04/2020 21:46

O BOE publica a orde do Ministerio de Sanidade sobre a saída dos nenos menores de 14 anos a partir do domingo, de 9 a 21 horas e no radio dun quilómetro do seu domicilio. Non poderán saír nenos que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario.

Tanto o BOE como unha guia que difundiu o Ministerio concretan que os nenos, sempre menores de 14 anos, poderán pasear por espazos públicos, incluídos os naturais, pero non en parques infantís.

Os nenos xa contan as horas para poder dar o seu primeiro paseo despois de case un mes e medio. O adulto que os acompañe poderá ser a coidadora ou o coidador, que non ten por que convivir obrigatoriamente cos menores, aínda que si debe levar unha autorización dos pais.

 

Noticias web

25/04/2020