CRTVG

Buscar

O axente vigués ferido en Barcelona xa "responde a estímulos"

Publicado o 22/10/2019 11:35

Os dous axentes das Unidades de Intervención Policial das comisarías de Vigo e A Coruña que resultaron feridos nos disturbios en Barcelona o pasado venres evolucionan ben das súas lesións. En concreto, o máis grave, o axente vigués, xa "responde a estímulos", mentres que o seu compañeiro, natural de Cervo, foi operado este luns e será trasladado a Galicia "dentro duns días". 

Segundo a información facilitada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) este martes, o axente que sufriu as feridas máis graves, e que ten un traumatismo cranioencefálico, evoluciona de forma "favorable", aínda que aínda permanece na UCI con respiración asistida e en estado grave.   

En todo caso, destacaron, "responde a estímulos e entende cando lle falan", aínda que "aínda se atopa baixo os efectos da  sedación".   

O outro axente galego, pola súa banda, foi intervido este luns para instalarlle unha placa e seis parafusos no brazo dereito. A operación "saíu segundo o previsto" e os seus compañeiros apuntan a que será trasladado a Galicia "dentro duns días" para continuar coa súa recuperación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí