CRTVG

Buscar

O axente de seguros de Tui acusado de estafa di estar disposto a reparar os prexuízos

Publicado o 14/06/2019 15:19

O mediador de seguros de Tui, en liberdade provisional como presunto autor dunha estafa aos titulares dunha trintena de pólizas, amosou a súa disposición a paliar os prexuízos causados aos seus clientes. Nun comunicado remitido aos medios de comunicación asegura que, en ningún caso, tivo intención de defraudar e que todo se debe a descoidos neglixentes e acumulación de traballo.

No escrito asegura que só hai tres pólizas afectadas e non unha trintena e explica que, co cobro en metálico dos importes, só pretendía prestar un servizo aos clientes. O presunto autor da estafa di que está a colaborar activamente coas autoridades e pediu respecto para un proceso xudicial que aínda está aberto e que pode causarlle graves prexuízos comerciais, familiares e persoais.  

Noticias web

14/06/2019