O avogado xeral da UE avala que os interinos non teñan dereito a indemnización
Publicado o 17/10/2019 15:19
Os traballadores interinos nin teñen dereito a converterse en fixos tras encadear contratos temporais, nin tampouco a percibir unha indemnización. Isto é o que recolle a proposta presentada hoxe por un dos avogados xerais do Tribunal de Xustiza da Unión Europa. Avala a normativa española, que non contempla compensación polo de cesamento de contratos de interinidade por substitución. A sentenza definitiva de Estrasburgo, coñecerase nos próximos meses.