O avogado ourensán detido en Cuba está acusado de incitar á rebelión
Arián González, de 32 anos, foi detido durante as protetas do domingo na provincia de Villa Clara. Naceu en Cuba, pero ten tamén nacionalidade española e leva anos afincado en Ourense, onde ten un despacho de avogados, que compaxina coa súa afección polo xadrez. A principios de mes viaxou á illa para visitar a súa nai, que ten problemas de saúde.
Os que o coñecen explican que é crítico co Goberno cubano, como se pode comprobar nas redes sociais, pero non é activista, e non se explican a súa detención. Casualmente na Televisión de Galicia falamos con Arián González hai uns anos, cando estaba sacando a carreira de Dereito pola UNED. Nas próximas horas saberá se queda en liberdade e pode volver para Galicia, como tiña previsto, a principios de agosto.