CRTVG

Buscar

O aviso laranxa por ondada continuará polo menos ata o mediodía deste martes

Publicado o 17/02/2020 20:05

O aviso laranxa por ondada continuará polo menos ata o mediodía deste martes

A situación continúa complicada no mar pola altura das ondas e pola forte marusía. Este luns rexistráronse ondas por riba dos 8 metros tanto en Estaca de Bares como no Cabo Vilán. O aviso laranxa manterase en toda a costa galega entre Ribadeo e A Guarda polo menos ata mañá martes ao mediodía. Enterra a situación vaise estabilizando. Iso si, prevese unha forte baixadadas temperaturas mínimas a partir desta madrugada.

Continúa activado o aviso laranxa que afecta toda a costa galega e que este luns, coincidindo coa preamar, deixou ondas por riba dos 8 metros tanto en Estaca de Bares como no Cabo Vilán. Levamos semana e media de avisos costeiros e malia que este mércores haberá unha leve melloría non parece que sexa definitiva.

En terra, e logo do paso da borrasca Dennis, fóronse abrindo claros grazas á influenza do anticiclón. En canto ás temperaturas agárdase un descenso significativo das mínimas a partir desta madrugada.

Mañá martes o aviso laranxa por ondas manterase activado pola mañá en todo o litoral galego e prolongarase ata as seis da tarde na costa da provincia da Coruña.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020