CRTVG

Buscar

O aviso amarelo por calor continúa na bacía do Miño en Ourense

Publicado o 23/07/2020 19:46
O aviso amarelo por calor continúa na bacía do Miño en Ourense

Un día máis parte da provincia de Ourense segue en aviso amarelo por calor. Nesta ocasión activouse o aviso esta tarde, no treito do río Miño que atravesa a provincia dende Cortegada ata a capital. O termómetro superou os 37 graos de temperatura en varios próximos ao leito fluvial. É a última xornada, din as predicións, de calor intensa desta vaga que estamos a vivir, xa que a partir de mañá agárdase un descenso dos valores máximos, aínda que sexa por zonas e de xeito moderado.

Noticias web

23/07/2020