CRTVG

Buscar

O aviso amarelo por calor afecta o interior de Galicia e as Rías Baixas

Publicado o 12/09/2020 15:07

O aviso amarelo esténdese tamén a outros puntos da nosa xeografía. Afecta o sur de Lugo, o interior da provincia de Pontevedra e as localidades bañadas polo Miño no sur da provincia de Pontevedra. Galicia e Estremadura son as únicas comunidades onde hoxe se rexistran avisos polas temperaturas máximas.

Valores un pouco atípicos a estas alturas do verán, que xa está finalizando. Por exemplo, aquí en Bueu a máxima prevista é de 35 graos. Unha tónica que se vai vivir hoxe en todas as Rías Baixas.

Noticias web

12/09/2020