CRTVG

Buscar

O magnate Richard Branson conclúe con éxito o seu primeiro voo ao espazo

Publicado o 11/07/2021 18:17

• O voo tivo unha duración de 90 minutos, catro de ingravidez para os tripulantes

O magnate e filántropo británico Richard Branson alcanzou este domingo o espazo a bordo do avión VSS Unity, que engalou unha hora antes con éxito desde unha base no deserto de Novo México.

O avión espacial engalou ao mediodía montado sobre a nave nodriza propulsora VMS Eve e cos seis membros da súa tripulación a bordo, entre eles Branson, fundador da firma Virgin.

A nave separouse da VMS Eve, denominada así na honra da nai de Branson, tras alcanzar unha altura duns 10.000 pés, pouco mais de tres quilómetros, e continuar a viaxe cara ás fronteiras do espazo e a unhas 50 millas da superficie da Terra.

Regresou con éxito despois da misión. O voo tiña unha duración aproximada de 90 minutos, con catro de ingravidez para os tripulantes. Richard Branson adianta así o seu rival Jeff Bezos, de Amazon, voando nove días antes.

Era a úlitma proba coa súa propia nave antes de iniciar o seu programa de voos turísticos espaciais para quen os poida pagar.

Noticias web

11/07/2021