CRTVG

Buscar

O auxe do 'caravaning' suscita a apertura de áreas novas de servizos en Galicia

Publicado o 22/08/2021 14:24

Viaxar sen ataduras e poder espertar cada día fronte a unha paisaxe distinta son algúns dos argumentos dos usuarios de campers e autocaravanas, como María, que empezou da man do seu mozo.

O caravaning leva anos en auxe, pero coa pandemia disparouse. Nos últimos tempos estanse habilitando máis lugares onde aparcalas. Ton Vidal abriu unha área nova en Santiago.

Ton dinos que está a a ter unha ocupación de entre o 70 e o 80 % e que aínda que a xente vén coa idea de parar un día e seguir ruta, adoita quedar máis.

María, que vive en Barcelona, cre que Galicia engancha, tamén como destino para viaxar en caravana.

 

Noticias web

22/08/2021