CRTVG

Buscar

Detido o ex-militar taxista autor dos disparos a fotos do Goberno

Publicado o 19/06/2020 12:08

   

A Garda Cilvil detivo esta mañá ao ex-militar e actualmente taxista identificado comoautor do vídeo gravado nunha galería de tiro da cidade de Málaga; nel vese como dispara a unhas dianas con fotografías de membros do Goberno, como o propio presidente, Pedro Sánchez, e o vicepresidente segundo, Pablo Iglesias.

A Policía Nacional identificou o individuo que aparece no vídeo colgado nas redes, rechiado por miles de persoas e que foi gravado nunha galería de tiro de Málaga capital pertencente a unha armería deportiva.

A identificación do autor xa foi posta en coñecemento da Fiscalía.