CRTVG

Buscar

O autor do triplo crime de Valga regresa a Caldas para as probas de ADN

Publicado o 16/09/2020 14:50

Hoxe fai un ano do triplo crime de Valga. O 16 de setembro de 2019, a primeira hora da mañá, Jose Luis Abet chegaba á casa de súa exparella e asasinábaa diante dos seus fillos menores.

Despois, regresaba para acabar tamén coa vida da irmá e da nai da que fora a súa muller. Un ano despois, Abet regresa a Caldas dende o cárcere de León para someterse, por fin, á proba de ADN solicitada pola Audiencia Provincial. 

Estas probas xa foran solicitadas con anterioridade, pero tanto o avogado como o acusado trataron de evitar que se realizasen. 

Por outra banda, a avoa paterna reclama a custodia dos dous pequenos que agora se encontran co avó materno.

O próximo mércores será sometida a unha proba psicolóxica para determinar se está capacitada para facerse cargo dos menores. 

Unha vez rematado o procedemento, está previsto o regreso de Jose Luis Abet ao cárcere de León, para garantir a súa seguridade dentro de prisión. 

 

 

Noticias web

16/09/2020