CRTVG

Buscar

O autor do ataque de Londres fora condenado en 2012 por actos terroristas e saíra do cárcere o ano pasado

Publicado o 30/11/2019 09:39

 

 

Xa foi identificado o autor do ataque terrorista deste venres en Londres. Chamábase Usman Khan, tiña 28 anos e fora condenado en 2012 por actos terroristas, aínda que saíra do cárcere con permiso en decembro do ano pasado.

A policía non busca ningunha outra persoa en relación co ataque pero segue investigando para descartar que haxa máis implicados.

 

Noticias web

30/11/2019