CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

O autor da denuncia sobre o edificio Fenosa da Coruña di que os veciños queren gañar tempo

Publicado o 06/10/2017 14:15

Os veciños do coñecido como Edificio Fenosa da Coruña van presentar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional para intentar evitar o derrubamento de parte do inmoble. Da outra parte, o responsable da denuncia pola ilegalidade do edificio di que así só pretenden seguir dilatando o proceso, que xa dura máis de 20 anos.

Valentín Souto, o arquitecto que iniciaba no ano 97 un proceso xudicial polo que consideraba unha ilegalidade urbanística, explicou por primeira vez publicamente na Coruña a súa postura. Di que se sentiu vítima dunha competencia desleal cando el mesmo presentara como arquitecto un proxecto para acometer a obra de Fernando Macías.

Nestes 20 anos, os tribunais de xustiza viñeron darlle a razón. Agora só pide que se cumpra a lei malia os prexuízos económicos que recoñece.

Valentín Souto admitiu nun debate público a preocupación dos veciños, pero di que moitos sabían da ilegalidade.

O denunciante fala de sufrimento persoal e patrimonial, e recoñece que reclamará unha compensación económica por estes 20 anos de proceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí