O Autobús da repoboación pon en valor o labor das emprendedoras rurais no Camiño de Santiago
Publicado o 19/10/2021 20:17
Son emprendedoras que co seu labor axudan a frear o declive de zonas rurais. Este Autobús da repoboación percorre o Camiño de Santiago para dar voz a iniciativas que axuden a repoboación e a reactivación económica. Carmen, por exemplo, apostou pola tradición queixeira aproveitando o fluxo de peregrinos e turistas.
Moitas mulleres rurais emprenden tamén para crear servizos moi demandados, como as casas niño. A conselleira de Política Social suliñaba a relevancia do seu labor.
Esta campaña do Autobús da repoboación xurdiu en Soria, na Feira Nacional contra a Despoboación.