CRTVG

Buscar

O austríaco Peter Handke e a polaca Olga Tokarczuk, premios Nobel de Literatura

Publicado o 10/10/2019 17:24

Por segunda vez na historia, dous premios Nobel vanse entregar xuntos. Isto é así tras os escándalos sobre filtracións e acoso sexual que impediron entregar o premio correspondente ao ano pasado. Tanto o Nobel do 2018 coma o deste ano van para autores europeos.

O escritor austríaco Peter Handke é un dos grandes cronistas do existencialismo moderno. A súa extensa obra está centrada na busca lírica e moitas veces surrealista da comprensión dun mesmo ante un mundo cada vez máis illado. Aquí o vemos nun documental sobre a súa vida. El tamén participou en varios filmes como guionista e director.

A polaca Olga Tokarczuk é unha das escritoras máis aclamadas e traducidas do seu país. Os seus ensaios fiilosóficos son amplamente acollidos polo público, sempre con resonaciancia xunguianas e da cultura do seu país. Entre as súas obras destacan Casa de día, casa de noite ou Os errantes.
 

Noticias web

10/10/2019