CRTVG

Buscar

O aumento de casos en Sarria podería estar relacionado cun encontro de cazadores e coas forzas da orde

Publicado o 17/11/2020 14:28

O traballo das autoridades sanitarias levou a detectar os dous gromos que fixeron ascender o número de casos activos en Sarria.

O primeiro, o dun grupo de cazadores, que malia que se repartiu en dúas mesas para comer nun restaurante, deixou catro contaxiados.

O outro gromo que se investiga está relacionado cunha reunión entre membros das forzas da orde, con tres contaxios directos.

Os esforzos céntranse agora en illar os contactos estreitos cos participantes nestas xuntanzas para frear os contaxios en Sarria.

Noticias web

17/11/2020